viernes, 17 de mayo de 2013

"Se vende"



Hai uns meses lin nun xornal, que Galicia era una das comunidades que máis carteis de "Se vende" ten, en especial no rural. De feito xa hai xornais e periodistas que a denominan "un gran deserto verde" debido a que conta con arredor de 200.000 vivendas vacías e, unha das principais provincias na que máis se produce o abandono do rural e na provincia de Lugo.
A verdade é que isto é una gran pena xa que aínda que o rural non é o que era debido a que xa non aporta todos os beneficios que aportaba antes, segue a ser un lugar para descansar apartado do fume da cidade e en plena natureza con aire limpo. Si e verdade que o feito da perda demográfica é lóxico dado que nas zoas rurais non hai onde traballar nin en que, agás se tes una granxa, aínda que agora tampouco está a dar grandes beneficios debido a que non están pagando o leite como é debido.
Os abandonos son fundamentalmente de vivendas de labranza provocados, como xa dixemos, pola crise que está a atravesar a industria agropecuaria e debido tamén, na miña humilde opinión, a pésima xestión das compañías inmobiliarias da zoa.

Algunha destas aldeas son denominadas "aldeas fantasma" ou "museo de sombras" dado ó estado de abandono en que se encontran.
Eu, como persoa que leva vivindo no rural dende que era un bebé, considero que vivir no rural non está tan mal porque ademais de ser un lugar tranquilo e no que apenas hay nenos, permíteche relacionarte máis cos anciáns da aldea e aprender cousas e oficios novos que se deixaron de facer.

A noite de San Xoán

A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é actualmente unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que agocha a nosa cultura. Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta. Dita observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou "domesticar" o lume.
Isto é o que se atopa na Internet cando se pon no buscador "a noite de San Xoán" pero en verdade, qué é a noite de San Xoán máis que unha noite para ir ata a praia, asar unhas sardiñas e tomar unas cervexas para pásalo ben? Acéndense nas cidades, vilas, aldeas e praias as tradicionais lumeiradas, arredor das cales canta a mocidade, baila e brinca por riba das chamas.
Pero non se poden olvidar nin as sardiñas que se comen todos os anos polo San Xoán e que se acompañan de viño nin tampouco os numerosos refráns que hai referentes a esta festa tradicional e que son numerosos dado que en cada lugar se di unha cousa diferente cando se salta a lumeirada. Agúns son os seguintes, entre os que se atopa o máis popular de todos:

- Salta lume de San Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na noite de San Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
- Polo San Xoán, a sardiña pinga no pan.

O día do patrón

Por todos é sabido que Galicia é  una das comunidades autónomas onde máis festas se celebran e bueno, isto é lóxico dado que a maioría dos galegos somos uns festeiros de cuidado.
Para nós unha festa é un motivo de alegría xa que é un día no que te podes reunir coa familia que non ves ao mellor en todo o ano e máis é un día para ir a sesión vermut a tomarlle algo cos compañeiros para pasalo ben. Eu recordo que nalgunhas casas se xuntaban vinte e trinta persoas e noutras ata 60 dependendo do número de fillos que tiveran noutros tempos.
 Aquí en Galicia a festa parroquial é coñecida como "O día do patrón" e habitualmente dura todo o fin de semana dende a tarde - noite do venres, as vísperas, ata ben entrada a noite do domingo. Son días de festa e de risas cos amigos e coa familia e todos os veciños ansían que chegue o día do patrón para irlle botar unas piezas ó campo da festa. Todo é moi bonito e divertido pero, hoxe en día a realidade é outra;  aló atrás quedaron esas grandes festas onde se reunían moito máis que os veciños da parroquia onde se facía a festa, esas festas nas que cando chegabas ao campo da festa non había onde poñerse coa cantidade de xente  que alí había...QUÉ TEMPOS AQUELES! Pero agora non sei se pola crise, polo descenso de poboación ou polo pouco interese que mostran os poucos veciños do lugar esas grandes festas quedaron reducidas a unha sinxela e cativa festa na que apenas hai xente na sesión vermut ou á noite no campo da festa. Istó e un pouco triste xa que unha tradición tan antiga non debería de perderse por nada do mundo dado que é algo que lles da vida ás parroquias e ós municipios.



jueves, 16 de mayo de 2013

O "Barallete" ou o que é o mesmo: O afiador

Por aquí por estes lares sempre escoitei falar do afiador e, dende que era pequena e ía á Feira de Moeche, alí estaba él coa súa bicicleta e coa súa moa de afiar para afiarlles os coitelos, as gadañas, as fouces...a todos aqueles que estaban a esperar con ansia á feira para afiar outros utensilios. Eu recordo que era un vello (sen utilizar o ton despectivo) pequeno e que levaba sempre posto un chaleco verde por riba dunha camisa marrón toda esfiañada e una gorra negra acompañada dun pitillo na beira da boca, sempre a medio acabar.

María Soliña

Eu sempre lle escoitei aos meus avós e avoas, e incluso a algún visavó que teño, falar dunha historia dunha tal María Soliña; pero a verdade e que nunca lle puxen atención porque me parecía que todo era una invención deles para terme entretida. Eles contábanme que hai moitos anos vivía unha muller nunha cova que había no medio duns toxos aló no Cotoagudo (que é o coto máis alto dos arredores e que está preto destes lares), que facía maxia coas aves e cos animais pequenos que por alí pasaban ou que se atopaban mortos e ademáis de facer maxia tamén se adicaba a convocar ás bruxas e ó demo durante as noites de lúa chea. Cada día contábanmo dunha maneira diferente pero sempre coincidía, ata o momento no que conseguiron que eu o crera e, dende entón, cando escoito o nome de María Soliña, un tremor percórreme todo o corpo e non podo evitar recordar aquela historia que a día de hoxe, sei que non é verdade.
Dita lenda viña a denominar a "caza de bruxas" que tiña como obxectivo primordial o de arrebatar a certas persoas os seus "dereitos de presentación" en capelas e freguesías. Como me recordei de dita lenda pois como boa investigadora que son, púxenme a investigar sobre a lenda de María Soliña e mira por onde, atopei o que durante as seguintes liñas conto.
Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas (Pontevedra) foron xulgadas polo Tribunal da Inquisición por suposta "bruxería". Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades á forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores.
María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621 e alí foi torturada ata que confesou os supostos "crimes de bruxería" que cometera, chegando a afirmar a Inquisición, que esta muller posuía poderes demoníacos que podían causar moito mal.
Como toda lenda que se precie, a lenda de María Soliña viña sempre acompañada por una cantiga popular que dicía algo así como:

“polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía
ai que soliña quedaches
María, María Soliña"
 
Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de todo - los sufrimentos do pobo.
 
 
Fotograma da película A PAIXÓN DE MARÍA SOLIÑA

 
 
Adxunto vídeos do tráiler da película:
 



miércoles, 15 de mayo de 2013

O lamento da Frouxeira

Aquí en Valdoviño hay una lagoa que se chama "Lagoa da Frouxeira" e, como me encanta descubrir segredos que ata o momento naide descubrira, púxenme a investigar o nome de "Frouxeira". Así de primeiras pois non me dicía moito pero bastou cunha boa enciclopedia, coa axuda de Wikipedia e con outras fontes de Internet para saber que o nome "Frouxeira" tiña una historia. A historia é a seguinte:

O castelo da Frouxeira foi un castelo senlleiro. Unha atalaia defensiva que era o berce e o corazón das propiedades daquel Pardo de Cela (O Mariscal) e que protagonizou directa ou indirectamente un dos momentos cruciais da nosa historia. Foi unha fortaleza mítica que sufriu a praga de asolamento imposta polos Soberanos Católicos e executada por Fernando de Acuña, na que tantos castelos do país foron derrubados. E foi a protagonista tamén dun dos lamentos máis célebres da nosa lírica: o choro polo seu dono e polo seu destino. 

            
                                   O Mariscal


Disque somos uns incultos...O demo!!

Qué me dis pequena! Qué somos uns incultos por falar galego? Ai si oh incultos nós...Érache boa, INCULTOS eles por non saber apreciar o idioma galego! Que falar falaremos galego pero non por iso somos menos listos nin nada porque o feito de falar galego non define como é una persoa e, é mais, falar galego é una verdadeira gozada xa que con seseo ou con gheada, non me digades que non vós resulta una ricura oír a un galego, falar galego.

Un concello, cinco parroquias...Moitas historias: Moeche

Algunha vez vos parastedes a pensar no que pasa ó voso arredor? Non verdade, nunca vos parastedes a pensar en todas as cousas boas e en todas as pequenas historias que ocorren no voso concello e que dalgunha maneira vos implican ou fan que vos sintades protagonistas delas? Pois isto non é así;  nalgúns lugares da comarca de Ferrol ós habitantes das parroquias ocórrenlles día a día numerosas historias que resultan ser anecdóticas pero que axudan a construir a pequena vida do lugar. Unha proba disto é o concello ó que eu pertenzo, Moeche; dito concello pertence á comarca de Ferrol, localizase no extremo norte da Provincia da Coruña e limita  polo leste co concello das Somozas, polo sur co concello de San Sadurniño, ó oeste cos concellos de  San Sadurniño e Valdoviño e polo norte co concello de Cerdido.
Ficheiro:Situacion Moeche.PNG
 
O comezo da historia modestina data da Idade do Bronce como así o demostran os restos atopados nuns xacementos en Santa Cruz de Moeche e no castro de Labacengos, castro que se atopa onde eu vivo. Posteriormente os romanos tamén deixaron as súas pegadas. Pero non é até o século VI cando aparecen os primeiros documentos escritos que nos falaban dunha das súas parroquias, Labacengos. Pénsase que o nome de Moeche provén dun cabaleiro coñecido como Modesto, antigo personaxe que viviu nestas terras por aqueles tempos nos que o municipio era coñecido como a Vila Modesti.
 
Na Idade Media teñen lugar dous acontecementos moi importantes para a historia de Moeche. O primeiro deles foi cando Henrique II cedeu o señorío no século XIV os lugares de Santa Cruz e de San Xurxo ao señor das Pontes, García Rodríguez de Valcárcel, pero o máis famoso aconteceu no ano 1431, coa Primeira Revolución Irmandiña, na que os Irmandiños subleváronse contra o caciquismo de Nuno Freire de Andrade, o Mao, e ó non atopalo no castelo, decidiron derrubalo.

Posteriormente no século XVI, tra-la derrota dos Irmandiños, o castelo de Moeche foi mandado reconstruír por Pedro Álvarez Osorio, Conde de Lemos, e utilizado como cárcere. Toda a historia do meu municipio céntrase neste monumento, a partir do cal comezou a desenvolverse a actual poboación.
 
Henrique de Trastámara.
 
Aquí en Moeche haiche de todo para visitar, dende un Castelo que se considera o mellor lugar para visitar cando se vén polas miñas terras ata a ermida de San Xiao de Osos que se localiza aló chegando a Cerdido preto do antigo camiño real polo que os meús vecinos ían cara a Santo Andrés de Teixido.

     Castelo de Moeche
 
  Indicador do Camiño de Santo Andrés

Moeche ten moitos lugares para visitar asique aquí vos espero...Buscádeme en Labacengos.