martes, 23 de octubre de 2012

Galicia, terra de moitos, paraíso duns poucos


Galicia é un lugar digno de admirar, querido e coñecido por miles de persoas que viven ou desexan visitar as súas terras.

A admiración da beleza dunhas terras que crían infinidade de animais, que habitan entre unha paisaxe verde, chea de acolledores recunchos nos que refuxiarse, lonxe do mundano, que medra frondosa pola extensión das terras galegas ata chegar aos seus límites na costa. Aquí gozamos dunha paisaxe azul, pura, fresca. Estes son os límites dunha profunda paz.

Pero non é so a beleza de Galicia a razón de que esta sexa tan querida pola súa xente, senón polo simple feito de ter nacido e ser criado nela. Feito que nos amarra con fortes lazos a unha parte de nós mesmos que vive nela, porque nela vivimos momentos tan intensos que Galicia nos regala, nela pola morriña que sentimos se tivesemos que deixala. Esta é a morriña galega.

Ademáis, Galicia é desexada por todo aquel que a coñece, porque sabe o que esta agocha. Un recuncho de armonía entre paz e alegría para todos os afortunados que osan  deixar que Galicia se adentre neles.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario