martes, 23 de octubre de 2012

Política limpa


Unha política en sí ríxese por unha ideoloxía determinada que un pobo elixe para lexislalo. Esta ideoloxía levarase á practica por unha serie de gobernantes que deberán dar palabra de cumprir os obxectivos que se presenten.

Sin embargo dicto, que tal mandamento en extremos casos, non é estrictamente posible levalo a cabo. Ben é certo que, como na actualidade, se unha sociedade se ve en crisis, as medidas a tomar non serían seguramente de ningunha forma a gusto de ninguén, pero dentro das pautas impostas, a política que se rixe debe mostrarse verdadeira.

Coa grave crise que se está a vivir neste tempo moita xente sinte desamparo, porque non hai un goberno que posibilite unha total confianza para desarraigar este crítico asunto.
Políticos que prometen e non cumpren, non por mentireiros, senón por subrealistas. Fan promesas que non poden levar a cabo, porque a situacón non lle lo permite e sin embargo, aí están. Pretenden ganarse a confianza da xente para salvar a súa economía, oxe en día do que as vidas de toda unha familia depende, pero fano con falacias.
Os partidos politicos buscan o voto por medio de falsas promesas. Quizáis, e máis nestes casos, sexa o que a xente busca, un punto de apoio no que depositar a súa confianza para saír adiante. Pero isto non é o que o pobo necesita. A consecuencia é que a raíz deste voto , esta xente síntese decepcionada e incluso indignada cando non se encontran a resposta esperada.
Por isto penso que, fora de calquer engano, todos deberiamos xogar limpo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario