miércoles, 15 de mayo de 2013

Un concello, cinco parroquias...Moitas historias: Moeche

Algunha vez vos parastedes a pensar no que pasa ó voso arredor? Non verdade, nunca vos parastedes a pensar en todas as cousas boas e en todas as pequenas historias que ocorren no voso concello e que dalgunha maneira vos implican ou fan que vos sintades protagonistas delas? Pois isto non é así;  nalgúns lugares da comarca de Ferrol ós habitantes das parroquias ocórrenlles día a día numerosas historias que resultan ser anecdóticas pero que axudan a construir a pequena vida do lugar. Unha proba disto é o concello ó que eu pertenzo, Moeche; dito concello pertence á comarca de Ferrol, localizase no extremo norte da Provincia da Coruña e limita  polo leste co concello das Somozas, polo sur co concello de San Sadurniño, ó oeste cos concellos de  San Sadurniño e Valdoviño e polo norte co concello de Cerdido.
Ficheiro:Situacion Moeche.PNG
 
O comezo da historia modestina data da Idade do Bronce como así o demostran os restos atopados nuns xacementos en Santa Cruz de Moeche e no castro de Labacengos, castro que se atopa onde eu vivo. Posteriormente os romanos tamén deixaron as súas pegadas. Pero non é até o século VI cando aparecen os primeiros documentos escritos que nos falaban dunha das súas parroquias, Labacengos. Pénsase que o nome de Moeche provén dun cabaleiro coñecido como Modesto, antigo personaxe que viviu nestas terras por aqueles tempos nos que o municipio era coñecido como a Vila Modesti.
 
Na Idade Media teñen lugar dous acontecementos moi importantes para a historia de Moeche. O primeiro deles foi cando Henrique II cedeu o señorío no século XIV os lugares de Santa Cruz e de San Xurxo ao señor das Pontes, García Rodríguez de Valcárcel, pero o máis famoso aconteceu no ano 1431, coa Primeira Revolución Irmandiña, na que os Irmandiños subleváronse contra o caciquismo de Nuno Freire de Andrade, o Mao, e ó non atopalo no castelo, decidiron derrubalo.

Posteriormente no século XVI, tra-la derrota dos Irmandiños, o castelo de Moeche foi mandado reconstruír por Pedro Álvarez Osorio, Conde de Lemos, e utilizado como cárcere. Toda a historia do meu municipio céntrase neste monumento, a partir do cal comezou a desenvolverse a actual poboación.
 
Henrique de Trastámara.
 
Aquí en Moeche haiche de todo para visitar, dende un Castelo que se considera o mellor lugar para visitar cando se vén polas miñas terras ata a ermida de San Xiao de Osos que se localiza aló chegando a Cerdido preto do antigo camiño real polo que os meús vecinos ían cara a Santo Andrés de Teixido.

     Castelo de Moeche
 
  Indicador do Camiño de Santo Andrés

Moeche ten moitos lugares para visitar asique aquí vos espero...Buscádeme en Labacengos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario