viernes, 17 de mayo de 2013

O día do patrón

Por todos é sabido que Galicia é  una das comunidades autónomas onde máis festas se celebran e bueno, isto é lóxico dado que a maioría dos galegos somos uns festeiros de cuidado.
Para nós unha festa é un motivo de alegría xa que é un día no que te podes reunir coa familia que non ves ao mellor en todo o ano e máis é un día para ir a sesión vermut a tomarlle algo cos compañeiros para pasalo ben. Eu recordo que nalgunhas casas se xuntaban vinte e trinta persoas e noutras ata 60 dependendo do número de fillos que tiveran noutros tempos.
 Aquí en Galicia a festa parroquial é coñecida como "O día do patrón" e habitualmente dura todo o fin de semana dende a tarde - noite do venres, as vísperas, ata ben entrada a noite do domingo. Son días de festa e de risas cos amigos e coa familia e todos os veciños ansían que chegue o día do patrón para irlle botar unas piezas ó campo da festa. Todo é moi bonito e divertido pero, hoxe en día a realidade é outra;  aló atrás quedaron esas grandes festas onde se reunían moito máis que os veciños da parroquia onde se facía a festa, esas festas nas que cando chegabas ao campo da festa non había onde poñerse coa cantidade de xente  que alí había...QUÉ TEMPOS AQUELES! Pero agora non sei se pola crise, polo descenso de poboación ou polo pouco interese que mostran os poucos veciños do lugar esas grandes festas quedaron reducidas a unha sinxela e cativa festa na que apenas hai xente na sesión vermut ou á noite no campo da festa. Istó e un pouco triste xa que unha tradición tan antiga non debería de perderse por nada do mundo dado que é algo que lles da vida ás parroquias e ós municipios.



No hay comentarios:

Publicar un comentario