jueves, 16 de mayo de 2013

María Soliña

Eu sempre lle escoitei aos meus avós e avoas, e incluso a algún visavó que teño, falar dunha historia dunha tal María Soliña; pero a verdade e que nunca lle puxen atención porque me parecía que todo era una invención deles para terme entretida. Eles contábanme que hai moitos anos vivía unha muller nunha cova que había no medio duns toxos aló no Cotoagudo (que é o coto máis alto dos arredores e que está preto destes lares), que facía maxia coas aves e cos animais pequenos que por alí pasaban ou que se atopaban mortos e ademáis de facer maxia tamén se adicaba a convocar ás bruxas e ó demo durante as noites de lúa chea. Cada día contábanmo dunha maneira diferente pero sempre coincidía, ata o momento no que conseguiron que eu o crera e, dende entón, cando escoito o nome de María Soliña, un tremor percórreme todo o corpo e non podo evitar recordar aquela historia que a día de hoxe, sei que non é verdade.
Dita lenda viña a denominar a "caza de bruxas" que tiña como obxectivo primordial o de arrebatar a certas persoas os seus "dereitos de presentación" en capelas e freguesías. Como me recordei de dita lenda pois como boa investigadora que son, púxenme a investigar sobre a lenda de María Soliña e mira por onde, atopei o que durante as seguintes liñas conto.
Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas (Pontevedra) foron xulgadas polo Tribunal da Inquisición por suposta "bruxería". Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades á forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores.
María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621 e alí foi torturada ata que confesou os supostos "crimes de bruxería" que cometera, chegando a afirmar a Inquisición, que esta muller posuía poderes demoníacos que podían causar moito mal.
Como toda lenda que se precie, a lenda de María Soliña viña sempre acompañada por una cantiga popular que dicía algo así como:

“polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía
ai que soliña quedaches
María, María Soliña"
 
Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de todo - los sufrimentos do pobo.
 
 
Fotograma da película A PAIXÓN DE MARÍA SOLIÑA

 
 
Adxunto vídeos do tráiler da película:
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario