Isto é o que se atopa na Internet cando se pon no buscador "a noite de San Xoán" pero en verdade, qué é a noite de San Xoán máis que unha noite para ir ata a praia, asar unhas sardiñas e tomar unas cervexas para pásalo ben? Acéndense nas cidades, vilas, aldeas e praias as tradicionais lumeiradas, arredor das cales canta a mocidade, baila e brinca por riba das chamas.Pero non se poden olvidar nin as sardiñas que se comen todos os anos polo San Xoán e que se acompañan de viño nin tampouco os numerosos refráns que hai referentes a esta festa tradicional e que son numerosos dado que en cada lugar se di unha cousa diferente cando se salta a lumeirada. Agúns son os seguintes, entre os que se atopa o máis popular de todos:
- Salta lume de San Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na noite de San Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
- Polo San Xoán, a sardiña pinga no pan.


No hay comentarios:
Publicar un comentario