jueves, 31 de enero de 2013

MARÍA CASTAÑA, ORGULLO DE REBELDÍA


En tempos de MariCastaña… así tiña escoitado eu este nome, nunha expresión tan famosa como no ano da pera… e co mesmo sentido ao dicila, referíndose a tempos moi lonxanos. Sen embargo, o nome de María Castaña resultou ter un significado máis aló do que eu pensaba, aínda que algunha vez xa me preguntara o por que de dicires isto e quen sería esa muller…
E na búsqueda dunha resposta, a verdade, pouca información atopei. A suficiente para ter polo menos unha idea de que María Castaña foi unha heroína galega e que liderou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico. Esta muller fora unha rebelde da súa época.


A orixe das primeiras revoltas viñeron dadas polo feito de Fernando II de León que fixo que o señorío da cidade de Lugo pasara a mans da catedral da mesma.
A partir de entón, e máis tarde, o obispo Pedro López de Aguiar cobraba elevados impostos ao pobo polas terras, e cos cales estaban en total descontento os cidadáns, por iso, no ano 1386 prodúcese unha gran revolta, encabezada por María Castaña.
E que unha muller, en tempos tan antigos, radicara nunca decisión de tal importancia non estaba ben visto. Aínda a día de hoxe se teñen certas rarezas atribuídas ó feito de que unha muller impacte nun movemento certamente sobresaínte.

A repercusión que tivo esta muller na vida dos cidadáns, ata os de agora, parece que ninguén a mantivo nin a recoñece como tan agraciada que foi no momento.
Así pois, cando en Lugo pretenderon poñer o nome de María Castaña a unha das rúas da cidade, os cidadáns trala ignorancia de coñecer quen era ela, negáronse a aceptar dito nome.
Pero foi Isidoro Rodríguez Perez a quen lle corroeu a curiosidade deste feito e comezou a investigar sobre María Castaña. Da cal sacou información e tras comunicala ao público, os cidadáns de Lugo aceptaron o nome para unha das súas rúas. Isto non demostra nada verdadeiro respecto ao orgullo do pobo por María, xa que se a súa historia quedou no olvido, quizáis por outras razóns, pero máis seguro non quixo facerse ver que fora ela, unha muller, a heroína do pobo lugués. Quizáis por iso hai quen di que María é unha lenda, pero… crean en mito ou non… María Castaña é un símbolo da liberdade dos dereitos cidadáns e dun xeito ou outro a súa coraxe está marcada na historia. Por unha inxustiza impartida polas crenzas, pola política. Porque a ninguén deben obrigar a actuar dunha maneira e menos aínda se esta actuacón é inxusta aproveitada por un poder de engano e avaricionismo.

Presente na historia certo poder da igrexa e privilegios desta, a memoria de María Castaña está ahí para recordarnos que non temos que rebaixarnos ao seu servizo e por iso a igrexa debería ser e ser tratada como unha igual nos seus dereitos aos do pobo.




As mulleres que deron luz a unha Compostela gris.

Coralia e Maruxa Fandiño Ricard eran dúas irmás costureiras, fillas dun zapateiro e pertencentes a unha familia obreira compostelá de once irmáns. Tres deles eran destacados membros da CNT, sindicato anarquista, polo que tras o golpe de estado de 1936, un dos irmáns foi asasinado e os outros dous fuxiron. Elas mesmas, probablemente, eran militantes do mesmo sindicato.

Esta circunstancia someteu ás irmás Fandiño, terían pouco máis de vinte anos, a unha constante persecucción por parte dos falanxistas: paseos ata o Monte Pedroso, rexistros nocturnos, paseos espidas pola vía pública, violacións, torturas… Cando foron arrestados os dous irmáns escapados a mediados da década dos corenta cesou a persecucción mais o mal xa estaba feito; ambas mozas entolearan, perderon os clientes que tiñan como costureiras e tiveron que vivir da caridade dos veciños. 

Algúns deles, sen embargo, coidándose de que non se soubese, deixaban cartos nalgunhas tendas nas que elas mercaban para cubrir as súas necesidades máis elementais. A proba máis contundente do afecto dos santiagueses sucedeu arredor de 1960 cando un temporal arruinou o tellado da súa casa. En poucos días, a recadación para os arranxos superaba o custo dunha vivenda naquela época.


Coralia e Maruxa saían todos os días dar un paseo, sempre ás dúas en punto, engalanadas cos seus vestidos rechamantes, feitos por elas mesmas no seu taller, con cores alegres e case tan vivos coma elas, e maquilladas con pós de arroz. 
Maruxa, a maior das dúas, piropeaba aos estudantes coidando que todos os homes estaban namorados, e estes, a modo de contestación, gritábanlles: "liberdade, igualdade e fraternidade" mentras levantaban os puños.
Os veciños e case todos os cas coñecían  adoraban  a estas mulleres, sempre alegres, sorríentes e bromistas. 

Canturreaban cancións tradicionais da súa terra, e, a pesar das humillacións que sufrían, elas sentíanse orgullosas do que eran, galegas.

Pero non todos vían nelas actuacións correctas, pois algúns chamabanas cos despectivos de "roxas" e "putas".
Algúns foron máis alá, pois dicían que había unhas vellas chamadas “As Marias”, dúas irmás que vivían na Costa da Trisca, e que cando eran novas collian os nenos pra chucharlles o sangue. Logo, aos poucos días, deixábanos libres vivos pero moi desmellorados, e que cando escurecía se alguén berraba "As Marias" todos corrían para a casa. Eran bruxas malas. 

Co paso dos anos, a historia das dúas irmás Fandiño foi caendo no esquencemento, ata que o veciño César Lombera conseguiu convencer no 1994 ao entón alcalde Xerardo Estévez, logo de nove anos propoñéndollo ao Concello, para que instalase unha escultura na súa lembranza. Esta, realizada polo propio César Lombera, consistiu nunha reprodución realista e policromada das dúas mulleres durante os seus famosos paseos baseada na foto máis coñecida de ámbalas dúas irmás, con Maruxa á dereita, co brazo estendido, e Coralia sostendo un paraugas. A obra foi situada na Alameda, lugar onde a día de hoxe permanece.
Dende entón, a escultura é unha das máis coñecidas da cidade, tanto pola curiosidade que esperta entre os turistas coma por servir de punto de encontro para os composteláns. Con frecuencia fíxase coma lugar de saída de manifestacións.
Ademáis, co ánimo de conservar a súa memoria, o escritor e guionista Henrique Rivadulla Corcón realizou o documental Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño, narrado por Farruco, en que unha serie de veciños de Compostela relatan a súa relación coas finadas irmás.
Moita xente que se sentía afogada polo réximen e que non se rebelaba por temor a represalias, vían nas Marías ese grito de liberdade que tanto desexaban. Elas levaron a rebelión a un punto de vista pouco esperado, pero que deu os seus frutos.
Estas mulleres significaron tanto un avance para a liberdade galega como para a liberdade da muller.
Coa súa actitude demostraron ser unhas fieis loitadoras pola liberdade de Galicia, que tanto anhelaban, mostrándose por medio dos seus actos en contra da dictadura que viviron.

A pesar das moitas tortutas, violacións, humillacións,... que sufriron, foron o suficientemente valentes como para seguir saíndo da súa casa, coa cabeza ben alta e cunha sonrrisa que demostraba que tipo de persoas eran.
Ademáis, con esta pequena revolta que empezaron, loitaron, dunha forma máis escurecida polos dereitos das mulleres, sen mostrar medo ningún diante de aqueles oficiais ou homes que insultabaas ao velas.
Sen dúbida algunha, estas dous mulleres deben de ser un icono galego, un símbolo da muller e da liberdade, un exemplo a seguir e, por suposto, dous mulleres das que debemos estar completamente orgullosos.

Dous mulleres que marcaron un principio e un fin, duos mulleres que se lembraran por ser únicas, dous mulleres loitadoras.









O PRESTIGE E O LEMA NUNCA MÁIS... QUE?


Hay xa 11 anos que o petroleiro  Prestige, procedente de San Petesburgo, que transportaba 77.000 toneladas de fuel, parteu o seu casco en dous e verteu, deixando espallarse gran parte da súa carga en mar das costas galegas.
A 28 millas do cabo Fisterra o Prestige ameazaba con afundirse, pero a circunstancias dun forte temporal non daban esperanzas de manter a embarcación a flote. Así que tomaron as medidas de rescate e os tripulantes foron trasladados a Vigo e A Coruña. Na mentres, o goberno tomou a decisión de alonxar o barco mar a dentro coa esperanza de que polo menos alí, os vertidos serían arrastrados cara o interior do océano e non cara a terra. Sin embargo, esta decisión non pareceu ser a máis acertada xa que o resultado non foi o esperado e os vertidos chegaron as costas galegas arrasandoas por completo. Unha difícil decisión que tivo consecuencias desastrosas para todos os ecosistemas das costas galegas. Quizáis unha decisión complicada e comprometedora, pero a que debería estar a altura un xefe de goberno, o cal non o demostrou satisfactoriamente. Pode parecer que un erro o ten calquera porque o ser humano non e perfecto, peo a falta de importancia que os superiores lle deron ao problema, o desentendemento por non seren os causantes do que estaba a ocurrir, e as exculpacións a terceiros disto fixeron que o interese por solucionar o que estaba por vir non fose o suficiente, nin o necesario para que non sucedese ou que os efectos fosen menores.
A pesar de todo isto, o xefe do gorberno pretendía convencer ao pobo de que todo estaba baixo control, pero nin se quera era capaz de demostralo firmemente.

Tan pronto como o combustible foi avistado nas costas, miles de voluntarios de toda España acudiron na axuda de recollida do fuel, da limpeza das praias… atopáronse con centos de animais mortos e cubertos dese chapapote que vestía as costas dunha cor negra, de morte a costa da morte.










Ademáis despois da catastrofe, en ningún momento houbo preocupación pola saúde dos que estiveron expostos aos efectos do combustible, ninguén lles deu as gracias a aqueles que colaboraron e insistiron no rexurdimento dun ecosistema limpo para Galicia.
Sin embargo, non foron sumisos na súa postura e non se limitaron a solucionar os problemas doutros, pero que a eles lles afectaba, senón que máis de 100.000 persoas se manifestaron en Santiago de Compostela pedindo a dimisión do presidente do goberno e a do da Xunta, pola mala xestión que levaron a cabo. Mais estes non dimiten, só coas súas respostas pretenden amainar a ira dos españois , pero… unha vez máis erran nos seus testimonios:
"No pasa nada...", "No es una marea...", "Estas manchas no llegarán a la costa...", "Han llegado a las Rías Altas, pero seguro que no llegarán a las Rías Bajas...", "Han llegado a las Rías Bajas pero las barreras están preparadas...", "No sale fuel de los tanques...", "Salen sólo unos hilillos...".
A pesar do ocurrido o goberno segue sin afrontar a situación e admitir os seus erros, sin preocupación do que a posteriori poida pasar dan procrastinación ao asunto.
Ainda a día de hoxe se mostra a mera solidaridade da sociedade española que tivo que pagar os danos que outros causaron.

A partir deste gran acontecemento créase a plataforma cidadá baixo o lema NUNCA MÁIS, que xa fora utilizado na manifestación pola marea negra que provocou o naufraxio do buque Mar Egeo fronte a Torre de Hércules en 1992. Esta plataforma loitaba polos seus dereitos sociais, económicos, culturais, loitan por preservar a Galicia e loitan polos galegos. Pretendendo que ninguén, coa súa palabra no poder, lles quite o que é seu, que ninguén se burle deles xogando coa súa vida.

Sin embargo, falando do poder e do goberno, é precisamente ao término que se relaciona, política, o que encerra parte deste asunto. Porque é verdade que debemos defender e responder polo noso, pero debémos facelo sempre en calquer circunstancia, manténdonos fieis ao que nos corresponde. E o que fai este grupo de manifestantes non e tan só reclamar polos feitos, senón aproveitar a crítica aos gobernantes do momento.
E isto pode apoiarse en vistas de que nos momentos en que ocurriron outros atentados medioambientais en Galicia, en época de goberno dun distinto partido político ao que gobernaba en tempos do Prestige, a plataforma do NUNCA MÁIS non se fixo notar ante estes sucesos… entón isto é só verdadeiramente un acto de rebelión para e por Galicia?  

No ano 2005 “Burla Negra”, un colectivo vinculado a Nunca Máis presentou o documental Hai que botalos. Nel faise unha critica da situación social, económica, política cultural e laboral de Galicia. Sendo sempre o culpable o mal goberno, o egoísmo integrado na política, unha gran crítica ao goberno e por conseguinte, ao PP.

Ante toda esta situación eu digo NON a que decidan por nós, NON ao pensamento egoísta, NON aos ignorantes e NON aos interesados. Teñamos un orgullo por Galicia e o seu debido respeto.





Un enlace ao documental "Hai que botalos":

Ao recordo do Prestige: