jueves, 31 de enero de 2013

MARÍA CASTAÑA, ORGULLO DE REBELDÍA


En tempos de MariCastaña… así tiña escoitado eu este nome, nunha expresión tan famosa como no ano da pera… e co mesmo sentido ao dicila, referíndose a tempos moi lonxanos. Sen embargo, o nome de María Castaña resultou ter un significado máis aló do que eu pensaba, aínda que algunha vez xa me preguntara o por que de dicires isto e quen sería esa muller…
E na búsqueda dunha resposta, a verdade, pouca información atopei. A suficiente para ter polo menos unha idea de que María Castaña foi unha heroína galega e que liderou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico. Esta muller fora unha rebelde da súa época.


A orixe das primeiras revoltas viñeron dadas polo feito de Fernando II de León que fixo que o señorío da cidade de Lugo pasara a mans da catedral da mesma.
A partir de entón, e máis tarde, o obispo Pedro López de Aguiar cobraba elevados impostos ao pobo polas terras, e cos cales estaban en total descontento os cidadáns, por iso, no ano 1386 prodúcese unha gran revolta, encabezada por María Castaña.
E que unha muller, en tempos tan antigos, radicara nunca decisión de tal importancia non estaba ben visto. Aínda a día de hoxe se teñen certas rarezas atribuídas ó feito de que unha muller impacte nun movemento certamente sobresaínte.

A repercusión que tivo esta muller na vida dos cidadáns, ata os de agora, parece que ninguén a mantivo nin a recoñece como tan agraciada que foi no momento.
Así pois, cando en Lugo pretenderon poñer o nome de María Castaña a unha das rúas da cidade, os cidadáns trala ignorancia de coñecer quen era ela, negáronse a aceptar dito nome.
Pero foi Isidoro Rodríguez Perez a quen lle corroeu a curiosidade deste feito e comezou a investigar sobre María Castaña. Da cal sacou información e tras comunicala ao público, os cidadáns de Lugo aceptaron o nome para unha das súas rúas. Isto non demostra nada verdadeiro respecto ao orgullo do pobo por María, xa que se a súa historia quedou no olvido, quizáis por outras razóns, pero máis seguro non quixo facerse ver que fora ela, unha muller, a heroína do pobo lugués. Quizáis por iso hai quen di que María é unha lenda, pero… crean en mito ou non… María Castaña é un símbolo da liberdade dos dereitos cidadáns e dun xeito ou outro a súa coraxe está marcada na historia. Por unha inxustiza impartida polas crenzas, pola política. Porque a ninguén deben obrigar a actuar dunha maneira e menos aínda se esta actuacón é inxusta aproveitada por un poder de engano e avaricionismo.

Presente na historia certo poder da igrexa e privilegios desta, a memoria de María Castaña está ahí para recordarnos que non temos que rebaixarnos ao seu servizo e por iso a igrexa debería ser e ser tratada como unha igual nos seus dereitos aos do pobo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario