domingo, 2 de diciembre de 2012



Mitos, lendas e ditos

Son unha rapaza de 17 anos que vive en Moeche, unha pequena aldea da Coruña, con meus pais e meu irman maior, e moi preto miña avoa xa viuva. Vivir nun lugar tan rural como este e coa influencia dunha avoa que sempre está disposta a contar a súa vida e a dos que algun día a rodearon, supón que eu debería ter unha gran cultura da vida da aldea, das súas costumes e polo tanto, de lendas mitos e ditos que existen aquí.
Sin embargo, destas tres últimas facetas non teño moita idea a verdade. Quizáis nisto non fai tanto incapé en contarme miña avoa, mais esta vez fun eu quen se interesou en recuperar algunha das lendas que aínda nos rodean. Así que collín a miña avoa, acomodeina no sofa do salón e expliqueille o que quería que me contara e como e de costume, comezou a contarme algunhas das súas sabendas con gran ilusión.

Comezou mencionando algún dito como o que decían dos corvos 
que se ensinaban de crias, se isto era así, estas aves tamén eran capaces de falar como o fan outro tipo de aves como os loros.
Outro dito que hai é o de que se unha persoa escoita o cuco en ayunas non chegará vivo a escoitalo o ano próximo e simplemente, se o escoita 
quererá decir que dita persoa non morrerá ese ano.
Tamén se di de cando se ve un facheiro que, donde cae, próximamente
haberá un morto, ou algo similar se conta de cando hai cheiro a vela. 
Dependendo do lugar do que proveña o cheiro, alí en días próximos 
haberá defunto.

Case todas as facetas que se contaban se relacionaban co mal ou coa morte, o medo ao descoñecido. Por isto último surxia tamén o medo a animais que nacían con malformacións. O feito de non ter coñecemento máis alá da vida e incluso do que a vida mesma lles amosaba en casuales ocasións tiñaos atemorizados. Como conseguinte a imaxinación da xente inventa historias extraordinarias. Deste xeito xurdían as temidas personaxes, extrañas imaxes que significaban mal  augurio.

Unha destas personaxes é a chamada “vella blanca”. Contoume miña avoa un día que ía ela e outras tres rapazas alindar as vacas ao prado, indo polo camiño do Ventoeiro, viron unha misteriosa figura vestida de branco. Era a vella blanca.

Outro suceso similar lles acontecía aos veciños da aldea. A horas da madrugada, algunhas persoas avistaban nos camiños unha misteriosa personaxe que metía o medo no corpo a esta xente pensando q significaba algún mal augurio. Tempo despois descubreuse que a misteriosa figura era en realidade unha veciña do lugar que a altas oras camiñaba ata a casa de seu irmán.

Hai outra historia basada no mesmo feito, na imaxe dun home ameazante e misterioso.
Esta historia comeza con Manuel de Antón, propietario dunha pequena taberna da aldea, que ía facer as contas desta á casa dun home veciño e de familia pudiente. Este home tiña unha muller moi fermosa e elegante e os celos del facíanlle pensar que Manuel pretendía a súa muller. Deste xeito o home colleulle odio a Manuel, ademáis de que este non tiña fama de moi boa xente e si de home de mullerío. Entón, a xente da aldea comezou a toparse nas corredoiras cunha extraña imaxe, alta e ameazando con coitelos nas mans. Incluso un día, a filla de Manuel que ía dende Balocos a Monte Luz cun carro cargado de mercancía e arrastrado por un burro, pouco antes de chegar ao seu destino, topouse co home dos coitelos. O burro freouse de inmediato e negabase a seguir. A figura dese home producía verdadeiro medo. Ao fin desta hitoria 
a filla de Manuel desapareceu sin volver a saberse dela.

Se ficamos nalgunhas lendas e analizamos os seus sucesos, podemos atoparye unha explicación lóxica a todo o anormal ou a case todo. Porque sempre terá ese toque máxico e misterioso que o caracteriza e que quedara no velo do misterio.

E como exemplo, vouvos contar unha historia, según ma contou miña avoa, máis cercana a min, sucedida aos meus tataravós.
Un día como outro calquera os avós de miá avoa, Andrea e Juan, araban no mainzo nun dos seus terreos, cando de supeto unha das vacas caeu deitada. Entón, meus tataravós foron buscar á Manzanica, unha veciña. Esta chegou xunto a vaca e cando exclamou: << San Antonio! >> a vaca ergueuse.
Isto sucedialles sempre impedindolles ter máis de dous animais a un tempo, se compraban algun outro, algún morría e se unha vaca estaba  en xestación morría antes de suceder o parto. Polo que Andrea e Juan decidiron visitar unha meiga. A cal lles dixo que non podían ter máis de dous animais, porque unha persoa que vivía ó poniente do sol respecto a casa deles lle lo impedia, corroída pola envidia. E xa que tiñan sorte, porque se esa persoa vivise ao raiante do sol xa nin dous animais terían.
Así, nunca pasaron de ter dous animáis ata… casualmente pouco despois da morte da Manzanica.

Quizáis podemos atopar moitas explicacións que quiten o pensamento do que nos aterra, pero non sempre somos capaces de explicalo todo, polo que seguimos cavilando sobre o descoñecido, o misterioso, o máxico e o mal que habita nel e que nos consume polo medo. Ainda nos tempos de hoxe estes mitos, lendas e ditos teñen certa influencia incluso para unha rapaza de 17 anos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario